Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior saca a licitación da reforma da Praza da Aldea

infografía praza da aldea 1

O proceso para a presentación de ofertas rematará o vindeiro 11 de xullo e contará cun importe de 159 mil euros. A actuación busca crear un núcleo de centralidade no barrio, poñendo en valor todo o conxunto arquitectónico formado polos muros de mampostería, cruceiros, edificacións e outros elementos que xa forman parte da Praza da Aldea, respectando a esencia que o caracteriza.

O obxectivo desta actuación, segundo apuntan dende o goberno local é poñer en valor o espazo dun dos barrios históricos do concello, ao tempo que se aposta por un modelo “coidado, moderno, agradable, accesible e respectuoso coa esencia do barrio”.

A reforma suporá a creación dun núcleo de centralidade no barrio, poñendo en valor todo o conxunto arquitectónico. Así, consistirá na pavimentación con pedra do país de toda a praza. Ademais, levarase a cabo o arranxo do acceso á praza con pedra e formigón, e dotarase toda a zona con mobiliario urbano, como aparcadoiros, bancos e árbores, que farán da Praza da Aldea un espazo agradable.

Uns traballos que comezarán en canto pase o verán, contarán con 4 meses de prazo de execución e cun investimento de máis de 159 mil euros.

Manu Lourenzo dixo que “con este proxecto trátase de poñer en valor e potenciar o Patrimonio Natural e paisaxístico do noso concello. Trátase de deixar de entender Soutomaior como unha rede de estradas sen espazos para as persoas e de tornar materiais como o piche por materiais nobres como a pedra, a madeira ou o aceiro. E así, deste xeito, recuperar espazos de convivencia da veciñanza e poder volver ver aos nenos xogar na rúa”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará