Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Álex Gourdon Rafael subcampión de Europa de Supermotard

150a94fe-a845-4483-adc8-c798d51472be

O Campionato de Europa de Supermotard celebrouse esta fin de semana no circuíto internacional Busca de Italia. Alí os irmáns redondeláns Álex (17 anos) e Théo (18 anos) Gourdon Rafael participaron co seu equipo Team GR Husqvarna. O irmán menor alcanzou o segundo posto, sendo superado por Marc-Reiner Schmidt e suma así o título oficial FIM Europa ao seu palmarés.

A proba do europeo tivo un novo formato este ano 2024 que, segundo o Team GR Husqvarna, “favorecía aos pilotos Italianos”. A pesar diso, Álex puido realizar as 3 carreiras entre o sábado e domingo, finalizando P3+P3+P2 e competindo con coñecidos pilotos do mundial JuniorGP con moita máis experiencia. Pola súa banda, Théo tivo un contratempo técnico na segunda carreira que lle impediu loitar por entrar no pódium. A pesar diso, demostrou a súa valía e merecida participación na competición. Rematou en sétima posición penalizado por dúas caídas durante as últimas mangas.

A próxima cita está marcada para o 14 de xullo coa celebración do Campionato de España no circuíto de Cartaxena, onde Álex e Theo alcanzaron o primeiro e segundo posto respectivamenteno no anterior encontro estatal. Ademais, tamén estarán presentes no Campionato Internacional de Italia en Castelleto (Italia) o próximo 27 e 28 de xullo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará