Os campamentos está dirixidos á rapazada con idades de 3 a 12 anos, desenvolveranse durante os meses de xullo e agosto en sete emprazamentos diferentes: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Quintela, Reboreda e Redondela.
Na xornada de onte arrancaba o Programa Municipal de Conciliación para o Verán. A alcaldesa, Digna Rivas, e a concelleira de Servizos Sociais, Iria Vilaboa, visitaron o grupo que participa no campamento que se realiza no Conservatorio Municipal. Rivas amosouse moi satisfeita coa acollida que ten cada ano esta actividade “que favorece a conciliación familiar e laboral da veciñanza, ao tempo que permite a nenos e nenas participar en actividades lúdicas e didácticas”. Os campamentos, dirixidos á rapazada de 3 a 12 anos de idade, realízanse no CEIP Porto Cabeiro, CEIP de Cedeira, CEIP Outeiro das Penas, CEIP Alexandre Bóveda, CEIP Quintela, SLC de Reboreda e no Conservatorio Municipal de Redondela. Deste xeito o Concello “aposta por achegar os servizos a toda a veciñanza, tanto na vila como nas parroquias, para facilitar o acceso aos campamentos e reducir os desprazamentos das familias”, explica a concelleira Iria Vilaboa