Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aucosa responsable do vertido de fuel que obrigou pechar o baño en catro praias do litoral

RR_Noticias

Augas de Galicia ven de abrir expediente sancionador a esta empresa auxiliar conserveira afincada en Rande. O organismo autonómico asegura que o vertido está xa controlado logo de que a empresa solucionase a fuga de combustible procedente da zona de caldeiras. Mantense a bandeira vermella nas praias de Arealonga e Cabanas así como nos areais de Mende e a punta en Teis.
 

Augas de Galicia anunciou que incoará hoxe un expediente sancionador á empresa AUCOSA polo vertido de fuel que afectou ao litoral de Teis e Redondela. Técnicos do organismo autónomo estiveron ao longo do día de onte realizando labores de recollida de mostras e investigando a traxectoria do vertido para identificar a súa procedencia.
Finalmente, detectouse a orixe do vertido por fuga de hidrocarburos procedente da zona de caldeiras da empresa Auxiliar Conservera, SA (AUCOSA), dedicada á fabricación de produtos para a alimentación de animais de granxa.  A empresa manifestou que descoñecía a existencia de dita fuga que, segundo informan dende Augas de Galicia “quedou subsanada na tarde – noite de onte”.
O organismo autonómico está a realizar unha nova inspección á empresa aos efectos de comprobar a situación actual e confirmar a eliminación total do vertido.
Por outra banda, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental está a coordinar o dispositivo para facerse cargo dos residuos que o operativo de limpeza de Costas do Estado está a retirar na zona, co obxectivo de garantir o axeitado tratamento de dito material.
Técnicos da Consellería de Sanidade realizarán hoxe as análises establecidas no protocolo de control da calidade das augas co obxectivo de determinar se son aptas para o baño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará