O centro ten aberto o prazo para formalizar a matrícula en Educación Secundaria de adultos, orientada a persoas maiores de 18 anos. As persoas interesadas teñen ata o 12 de xullo para reservar a súa praza nos diferentes módulos chamando ao teléfono 886120413 ou de xeito presencial en horario de mañá de luns a venres de 9:30 a 13:30. As clases impártense en horario de tarde.
Explican dende o centro que a Educación Secundaria de adultos é unha opción para as persoas de máis de 18 anos que queiran obter o título de educación secundaria, o que lles permitirá mellorar a súa inserción laboral e optar a postos de traballo de maior cualificación profesional así como acceder a ofertas de emprego público ou presentarse a diferentes oposicións.
A obtención deste título permite tamén poder acceder a outras formacións xa sexan estudos de bacharelato ou FP de grao medio.