Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha subvención de 28.000 euros permitirá ao concello de Soutomaior contratar un orientador laboral

2023090821581226486 (1)

O Concello de Soutomaior incorporará a partir de setembro un orientador ou orientadora laboral ao persoal do Centro de Benestar Integrado no Multiúsos de Arcade, no que agora mesmo xa prestan servizo o CIM e os Servizos Sociais. A nova incorporación permitirá axudar aos veciños e veciñas que o precisen na procura de traballo, así como no asesoramento en diversas cuestións do ámbito laboral, prestando un servizo máis eficiente e próximo á veciñanza do concello.

A incorporación terá lugar grazas a que o Goberno local conseguiu unha subvención da Xunta por valor de 28.000 euros que permitirá a contratación. En concreto, a subvención conseguida cubrirá dous terzos do investimento necesario para a contratación deste persoal, polo que o Concello de Soutomaior só deberá achegar o terzo restante. Grazas a isto, Soutomaior contará con máis fondos que serán destinados a outras actuacións e á mellora da prestación de servizos aos veciños e veciñas.

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, valorou positivamente a creación do Centro de Benestar Integrado case un ano despois do seu nacemento. “No seu momento sabíamos que a decisión de crear este Centro era un acerto, e un ano despois os datos e a veciñanza referendan que tiñamos razón. Tanto o CIM como os Servizos Sociais prestan un servizo moito mellor e máis áxil desde que forman parte do Centro de Benestar Integrado. Ademais, as persoas usuarias destes servizos contan con moita máis intimidade e privacidade. É un orgullo para min como alcalde e para o Goberno de Soutomaior adoptar medidas que melloran de maneira tan clara a vida da nosa veciñanza”, concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará