O Multiúsos da Xunqueira acolle a exposición dos traballos presentados ao concurso de banda deseñada organizado dende a Asociación de Empresarios de Redondela. Unha mostra na que se instalará tamén unha urna para que todos os visitantes teñan a posibilidade de votar pola súa historia preferida.
O concurso de banda deseñada naceu co gallo das campañas de dinamización comercial que se desenvolveron no período que vai dende o día do Pai, pasando Pascua e o día da Nai ata o día da Familia. Agora a Asociación de Empresarios habilita, no Multiusos da Xunqueira coa colaboración do Concello de Redondela, un espazo expositivo para acoller todos os traballos presentados.
Pais, nais, irmáns, avós, avoas, … son os superheroes protagonistas desta historia, motivo polo que convidan ás familia a visitar a exposición e valorar e recoñecer os traballos realizados.
Durante as vindeiras semanas poderán depositarse os votos na urna instalada na propia sala de exposicións.