O paro na comarca de Vigo baixou en todos os sectores e en case todos os concellos o mes pasado. Unha regra que se cumpre na nosa comarca, xa que tanto Redondela como os concellos de Soutomaior e Fornelos anotaron descensos nas súas listas do paro. Tan só Fornelos ve incrementado o número de parados, malia que a variación é mínima.
O verán parece que lle senta ben ao mercado laboral. Todo apunta a que o reforzo en bares e comercio polo incremento do turismo está a favorecer o número de contratacións que no caso de Redondela encadea tres meses con descensos continuados en canto a persoas desempregadas.
Logo de que o pasado mes de marzo se inscribiran 160 persoas, o mes de abril contabilizou 38 novos contratos. Maior 79 e no pasado mes de xuño serían 54 as persoas que atoparon emprego situándose actualmente o número de desempregados no noso concello en 1.484.
No concello de Soutomaior son catro os meses continuados de melloría con 27 desempregados menos ao finalizar xuño. Actualmente son 415 persoas as que buscan emprego.
Pola súa banda o concello de pazos de Borbén si tivo unha pequena variación á alza cun total de 164 desempregados, dúas persoas máis que no mes anterior.
En canto ao concello de Fornelos, son 102 persoas ás que están a espera de asinar un contrato, tres menos que no mes de maio.
Todo apunta a que esta situación é resposta a un mercado laboral que reforza os seus cadros de persoal para afrontar esta campaña estival con dous sectores a alza. Hostalaría e comercio, dúas das actividades máis vinculadas ao turismo, lideran a creación de emprego en xuño en Galicia e impulsa tamén as afiliacións á Seguridade Social a máximos históricos.