Exeria, banda de rock alternativo en galegocon influencias do grunge e o britpop, estará este sábado 6 de xullo no III aniversario de Espaço Vivo na parroquia de Negros a partir das 21:00 horas. Ao remate do concerto haberá unha cea con opción vegana a un prezo de 20 euros coa opción de “billeteira inversa”.
A xira “Sobre a independencia” os ten levado por toda Galicia, pisando as principais cidades e moitos dos núcleos rurais que sempre acollen con entusiasmo as actividades culturais. Agora chegan a Redondela como acto principal do III aniversario do Espaço Vivo, local de comida vegana que continua apostando por levar a cabo a súa actividade no barrio de O Fixón na parroquia de Negros. A cita promete ser “unha celebración por todo o alto”, polo que recomendan reservar no 622193026 ou no enderezo artenaleiragz@gmail.com.
O seu novo traballo “Sobre a independencia” é un EP de 5 cancións acompañadas dun videoclip pertencente á canción “A Costa de Frades” e facturado polo equipo de Trece Amarillo, realizadores de videoclips para artistas como Tanxugueiras ou Carlos Núñez. Exeria é unha banda destacada pola dinamica dos seus directos, que cobren dende temas acústicos a trallazos punk e cancións “para que non paremos de mover a cabeza”.