Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Veciños de Saxamonde aseguran que non é a primeira vez que se realizan pelexas de galos

RR_Noticias

Os rumores sobre posibles combates na zona veñen de lonxe aínda que non foi ata este fin de semana cando os axentes da Policía Nacional descubriron os feitos. Os organizadores foron identificados o sábado grazas á colaboración dun veciño quen alertou mediante unha chamada telefónica de que nun galpón, situado no Camiño Quiringosta, íase desenvolver un combate clandestino de galos

Os organizadores desta actividade ilegal, quen foron xa identificados, enfróntanse a penas de multa ou a traballos en beneficio da comunidade. Foron identificados ademais ao redor de 40 persoas que se atopaban no interior do inmoble no que se estaba a desenvolver a pelexa entre os animais. Os galos presentaban feridas no momento en que entraron os axentes.
No andar inferior da vivenda existe ademais un criadeiro onde se atopaban varias aves, dende crías a outras adultas. Os axentes incautáronse de diversos efectos como esporóns, uns elementos que se lles colocan aos animais para que poidan ferir ao seu contrincante.
Veciños da parroquia aseguraban onde descoñecer que neste galpón se estiveran realizando actividades ilegais, aínda que si confirmaron que dende hai meses se viñan escoitando rumores sobre a realización de este tipo de pelexas na parroquias.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará