Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco gaña a eliminatoria da promoción de ascenso diante do Dorneda

RR_Noticias

O empate a un gol no partido disputado onte en Santa Mariña dálle a vitoria ós redondeláns, que deberán agardar agora a que Coruxo e Cerceda ascendan a Segunda B para poder dar o salto a Terceira. Mentres o Arcade rematou a liga na Primeira Autonómica co obxectivo da permanencia cumprido.

Preferente AutonómicaChoco 1-Dorneda 1O Choco defendeu a súa vitoria pola mínima da semana pasada en Oleiros, onde gañou por 0-1, e co empate a un tanto da tarde de onte en Santa Mariña gaña a eliminatoria de ascenso ó Dorneda. Agora haberá que agardar ós ascensos do Coruxo e o Cerceda a Segunda B, para confirmar o seu salto a Terceira División. É unha carambola complicada, pero non imposible. E os de Julio Álvarez xa fixeron o que tiñan que facer, pasar a eliminatoria. E posibilidades aínda existen, xa que tanto Coruxo como Cerceda están clasificados para a última ronda da fase de ascenso a Segunda B. O sorteo desta final farase esta tarde na sede da Federación Española de Fútbol, e os partidos de ida disputaranse o próximo domingo. Os choques de volta disputaranse unha semana máis tarde.
 
1ª Autonómica
Arcade 1- Domaio 0
O Arcade celebrou a permanencia cunha vitoria sobre o Domaio.Co obxectivo da salvación xa cumprido desde a pasada xornada, os de Jacobo Montes despediron a temporada na casa cun triunfo diante da súa afección, gañando ó Domaio por 1-0. Ningún dos dous equipos se xogaba xa nada, pero sairon ó terreo de xogo “a gañar”, e os locais impuxéronse. Agora toca descansar e pensar na próxima temporada, na que haberá “altas e baixas”. Confeccionar o equipo será complicado, sobre todo coas limitacións económicas do Arcade. Neste sentido o adestrador, Jacobo Montes, aposta pola incorporación dalgún xogador do Arcade B.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará