Alumnos do Colexio Manuel Padín Truiteiro realizan mañá martes unha saída didáctica para facerse ó mar cos mariñeiros da Asociación de Naseiros de Arcade. Unha experiencia única para coñecer como se pesca a anguía e ata levar algún exemplar para a casa.
Os alumnos do Colexio Manuel Padín Truiteiro, de Arcade, vivirán mañá martes unha xornada escola moi especial. Rapaces e rapazas realizarán unha saída didáctica cos mariñeiros da Asociación de Naseiros de Arcade, e coñecerán de primeira man como é o traballo no mar faenando á anguía na enseada de San Simón. Antonio Álvarez, presidente dos naseiros, explica que a asociación leva anos organizando este tipo de actividades con centros de ensino de toda Galicia, e cualifica a iniciativa como “moi positiva”. Para os rapaces “é unha experiencia única”, e os máis atrevidos “ata se atreven a pescar”. Os alumnos visitarán tamén as piscinas de almacenamento de anguías do peirao de Arcade, e outras dependencias do porto. Ademais, esta experiencia serviralles tamén para facer un traballo sobre a pesca da anguía co que poderán participar nun concurso que se celebra co gallo da Festa da Anguía, no mes de xullo.