Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O novo apeadeiro de Chapela situarase na contorna do Campito

Apeadeiro Chapela2

A parroquia de Chapela recuperará o servizo ferroviario logo de que o Ministerio de transportes anunciara a creación nesta parroquia dun novo apeadeiro. Na xornada de onte a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, e o subdelegado do Goberno, Abel Losada, visitaron a zona onde se vai ubicar este servizo, na contorna da pista deportiva coñecida como “Campito”, nas proximidades da Alameda Rosalía de Castro. O novo apeadeiro contará cunha plataforma de 220 metros, e permitirá a esta parroquia contar cunha parada ferroviaria para o tren Rexional que parte desde Vigo-Guixar.

Rivas, valorou dun xeito moi positivo este anuncio “que devolve á esta parroquia o apeadeiro que a veciñanza leva anos demandado”. A nova parada de tren “vai facilitar moito os desprazamentos entre Chapela e Redondela, así como as conexións desde o noso municipio con Vigo e Pontevedra”, afirma Rivas. A súa ubicación nunha zona céntrica da parroquia permitirá dar servizo a moitos veciños que precisan desprazarse diariamente tanto a Redondela como a Vigo ou Pontevedra.

Digna Rivas, alcaldesa Redondela

Losada explicou que o Ministerio de Transportes do Goberno de España fará un investimento total de 48,8 millóns de euros para a modernización do tramo de ferrocarril entre Redondela e a estación de Vigo Guixar. O proxecto inclúe, ademais do novo apeadeiro de Chapela, a renovación da estación de Redondela “onde se construirá unha nova plataforma e marquesiña central, así como un novo paso inferior entre plataformas para mellorar a accesibilidade da estación”. Tamén se investirá en seguridade, con novos programas máis modernos como o sistema Asfa dixital e a instalación doutro sistema que detecta a presenza doutro convoi no tramo e integraranse no control de tráfico centralizado (CTC).

Abel Losada, Subdelegado do Goberno
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará