Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior abre o prazo de inscrición na Aberto de padel que se celebrará nas pistas da Montesiña

montesiña padel

XV edición dunha cita deportiva que terá lugar entre o 3 e o 10 de agosto organizadas polo club Montesiña Padel. As inscricións poden formalizarse no teléfono 679 750 949 ou no enderezo montesinapadel@gmail.com

Aberto a veciños do concello pero tamén doutras localidades, o evento deportivo inclúe categoría feminina, masculina, mixta e infantil orientada a menores de 14 anos.

Os partidos desenvolveranse de luns a venres dende as catro da tarde ata a medianoite e o sábado e domingo durante todo o día a partir das dez da mañá. O prazo da inscrición é de 18 euros para os non empadroados e 15 euros os empadroados.

Ao longo da semana haberá sorteos e agasallos para os participantes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará