Hoxe é Sábado 5 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Festa do Carme de Trasmañó, Cabanas e Rande retoma a procesión por mar

festa trasmañó

Logo de varios anos sen facer esta convocatoria debido ao elevado prezo dos seguros, este ano decidiron poñer a disposición da veciñanza un catamarán non que aínda quedan algunhas prazas para unha procesión tradicional na Enseada.

Ao longo de todo o mes son varias as parroquias que celebran festas na honra da Virxe do Carme. Co obxecto de non pisarse unhas as outras as Comisións coordinan as datas e no noso concello a que organizan en Trasmañó, Cabanas e Rande é a máis inmediata con tres días de festas que arrancan este mesmo venres con diversas citas que teñen o seu punto de encontro no torreiro baixo a ponte de Rande.

As actividades comezan ás 19:00 horas con cucañas para os máis cativos e a continuación a Festa da Xuventude con disco Mobil e Djs convidados.

O sábado arranca coa sesión vermú acompañada da música das pandereteiras Ledicia, as pandereteiras Ferreñas da Oliveira e a música de Ducho Vidal a partir das doce. Pola tarde, logo da misa prevista para as 20:30 haberá procesión con baixada da Virxe dende a igrexa de Trasmañó ata o torreiro da festa acompañados polo grupo Froles Mareliñas. A xornada rematará coa verbena amenizada poas orquestras Fuego e La Noche.

O domingo continuarán as celebracións con misa ás doce do mediodía no propio torreiro da festa habilitado para a ocasión e pola tarde retómase a procesión marítima “con moitisima ilusión logo de varios anos sen celebrarse” tal e como nos explicaba dende a Comisión, Cristina Rivas.

Unha procesións que non se organizou en edicións anteriores debido ao elevado prezo dos seguros que non podían asumir dende esta comisión. Neste ano decidiron contratar un catamarán que conta con seguro propio e 145 prazas. Maia que quedan moi poucos tickes para participar lembran que os interesados poden preguntar nas Cafeterías Rodeo e Puerto Vieira.

Unha ofrenda floral que terá lugar debaixo da Ponte de Rande e que se pode ver tamén dende terra. Rematada a procesión o grupo Anaquiños actuará coa súa Danza das patelas e rematará a xornada coa música de Gaia.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará