Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A instalación de pantallas acústicas na AP-9 pendente da súa licitación

pantallas acústica

O proxecto, segundo lle trasladou o subdelegado do goberno Abel Losada aos afectados de Chapela, será sometido “pronto” a licitación pública malia que non especificou prazos.  Unha actuación que suporá un investimento de 11 millóns de euros e que busca minimizar o ruído que padecen os veciños que residen ás beiras da AP-9. A actuación pertence a un proxecto que engloba dende Santa Cristina de Cobres (Vilaboa) ao límite con Vigo.

Losada reuniuse na xornada de onte coa Plataforma de Afectados da AP-9 en Chapela co obxecto de explicarlles as características das pantallas acústicas que se van instalar na parroquia e que irán cimentadas a base de micropilotes para dar a rixidez necesaria para soportar o “efecto vela”. Engadiu que estas pantallas serán “estruturas transparentes e deseñadas cos máximos criterios de integración estética e paisaxística” e que o proxecto será sometido pronto a licitación sen especificar prazos.

Na xuntanza participaron tamén a alcaldesa, Digna Rivas, o concelleiro de urbanismo. Antonio Cabaleiro, o xefe provincial da Demarcación de Estradas do Estado, Pablo Domínguez e técnicos da concesionaria da AP-9, Audasa.

O obxecto desta actuación é a mellora da calidade acústica en áreas moi poboadas da contorna deste tramo da autoestrada afectadas polas obras de ampliación do terceiro carril, en particular en Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará