Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Club de Remo de Chapela comeza a Liga Galega de Traiñeiras co obxectivo de rematar entre os cinco primeiros

RR_Noticias

Este domingo comeza en Ares a Liga Galega de Traiñeiras, na que participan un total de 17 clubs. A temporada rematará a finais de agosto, e os redondeláns aspiran a situarse entre os cinco primeiros clasificados. Xa o sábado pola tarde disputarase en augas do Grove a Bandeira Deputación, proba preparatoria na que participan as embarcacións da provincia.

Os remeiros do club de Chapela están xa preparados para participar na primeira regata da temporada de traiñeiras. Será o sábado pola tarde, no Grove, cando se dispute a Bandeira Deputación de Pontevedra. Previamente, o sábado pola mañá, farase a presentación oficial da Liga Galega de Traiñeiras. A primeira proba ligueira serán en augas coruñesas, o domingo, ás 11.30 horas, coa III Bandeira Concello de Ares. Desde o Club de Remo de Chapela son optimistas, e aseguran que a preparación en bateis e trainerillas foi “moi boa”, cuns espléndidos resultados. Por iso o presidente do club, Fernando Collazo, aposta porque o barco redondelán acabe a liga “entre os cinco primeiros”, nunha liga na que terán “un claro dominio” os clubs da provincia de Pontevedra. Collazo, ademais dos de Chapela, aposta por Náutico de Vigo, Mecos e Amegrove como favoritos. Vertido de fuel Os adestramentos na ría destes días para preparar a competición estanse a ver ademais prexudicados pola presenza das manchas de fuel do vertido que afecta ó litoral de Redondela e Vigo. Collazo explica que supón “un traballo extra”, xa que cando os barcos volven de adestrar no mar teñen que limpalos “a conciencia” con gasóleo para eliminar os restos de chapapote. Un contratempo que no club levan con “resignación e paciencia”.

Fernando Collazo presidente
A liga terá un claro dominio dos clubs pontevedreses
Vertido de fuel
No club de Chapela teñen traballo extra coa limpeza dos barcos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará