Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os veciños da EP-2702 non se renden

estrada ep-2702

Os usuarios da estrada que comunica Os Valos con Amoedo volveron protagonizar na xornada de hoxe un novo corte na estrada N-550 para reivindicar o arranxo dunha via que dende hai anos veñen denunciando pola súa elevada perigosidade con un firme moi deteriorado e sen beiravías nin beirarrúas o que impiden aos peóns desprazarse pola zona con seguridade.

A estada que comunica Redondela con Mos volveu sufrir na mañá de hoxe un corte de tráfico non Alto dos Valos dende as 8:30 ata as 10:30 debido á irrupción na estrada dos veciños e veciñas que convocados pola Plataforma pola mellora de EP-2702 reclamaron unha vez máis a necesidade de arranxar unha estrada moi empregada non so polas persoas que viven á súa beira senón por moitos camións e vehículos que se dirixen cara ao polígono de Amoedo.

A Plataforma manifesta que “o noso obxectivo segue sendo facerse escoitar e que o organismo provincial se comprometa a arranxar a estrada na súa totalidade” xa que insisten en que o convenio remitido dende a Deputación ao Concello non inclúe prazos malia que levan anos reclamando esta obra.

Lamentan que dende a Deputación segan sen darlles respostas as súas demandas e que nin tan sequera os convoquen a unha reunión, malia tela solicitado. A próxima protesta será o día 17 de xullo e non descartan regresar a Pontevedra co gallo do pleno do ente provincial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará