Fai 12 anos que a avespa velutina chegou a Galicia. Só no ano 2023 rexistráronse 56.600 avisos e a Xunta retirou, a través de Seaga, máis de 29.500 niños. Segundo os últimos datos facilitados pola máxima autoridade galega, estes avisos reducíronse un 60 % este ano dando a entender unha evolución positiva no control desta praga.
As entidades retomaron a campaña de trampeo coa época estival e tamén no noso municipio. Falamos con Aaron do SEIS de Redondela para informarnos sobre a situación actual.