Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Preocupación en Soutomaior polas motos de auga que se desprazan polo Verdugo a gran velocidade

motos acuáticas soutomaior

O goberno vén de solicitar á Garda Civil e aos organismos competentes que se leve a cabo a vixilancia do tráfico no río Verdugo. Faino despois de detectar e tamén recibir avisos veciñais por varios vehículos motorizados, principalmente motos de auga, que excedían a velocidade permitida de navegación polo río. Tal e como establece a normativa, a velocidade máxima permitida é de tres nudos (algo máis de 5,5 quilómetros por hora).

Co obxecto de garantir a seguridade dos veciños e veciñas que durante o verán fan uso das zonas de baño do concello e para evitar que poidan ser arrolladas por este tipo de vehículos, o goberno local solicitou unha maior vixilancia no río. Unha medida que busca tamén protexer a fauna e flora fluvial en ambas as dúas beiras do río, que se ven especialmente afectadas por este tipo de vehículos motorizados. Así, ao longo do verán levaranse a cabo varios dispositivos de vixilancia, con especial énfase nas zonas de baño, para controlar que non se leven a cabo este tipo de infraccións.

O alcalde Manu Lourenzo agradeceu a “total predisposición dos organismos competentes para colaborar e tentar atallar o problema”. Engade que a maioría de veciños e veciñas fan un uso correcto e seguro destes vehículos motorizados, pero que para  garantir a benestar da veciñanza e dos e das visitantes que cada verán acoden ás nosas zonas de baño é primordial, manter a vixilancia ante os que si incumpren”.

Solicitou tamén a colaboración de toda a veciñanza, tanto facendo un uso responsable deste tipo de vehículos como dos e das que desfrutan das zonas de baño, polo que pide que calquera persoa que sexa testemuña dunha conduta temeraria o comunique de inmediato ás autoridades pertinentes.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará