Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Trasmañó, Cedeira e Quintela parroquias con maior incidencia de velutina

seis-velutina-pjyymgqjx54y1hc5ud1cj0734z3yhspbr2d0bhqu88

Fai 12 anos que a avespa velutina chegou a Galicia. Só no ano 2023 rexistráronse 56.600 avisos e a Xunta retirou, a través de Seaga, máis de 29.500 niños. Segundo os últimos datos facilitados pola máxima autoridade galega, estes avisos reducíronse un 60 % este ano dando a entender unha evolución positiva no control desta praga.

As entidades retomaron a campaña de trampeo coa época estival e tamén no noso municipio. O SEIS de Redondela sinala unha baixa incidencia e chamadas por novos niños debido ao mal tempo que arrastramos dende hai meses, pero advirte que isto pode variar coa chega da calor.

“De momento tivemos poucos avisos, pero isto pode cambiar”, Aaron.

A técnica do trampeo para eliminar os niños da velutina reduciu nun 40% a reprodución desta especie. Esta práctica, que comezou a implementarse hai 4 anos en Redondela, está a cargo de Aarón Fernández e Jonathan Martínez,  xefes de quenda do SEIS Servizo de Extinción de Incendios Concello de Redondela. Aaron explica que o plan de control que comezaron no 2020 “consiste na colocación de trampas específicas pero dándolle importancia ás zonas onde se deben implantar e a tempada, sendo importante adiantarse ao verán para eliminar ás raíñas”.

“As trampas colócanse cando as raíñas saen da hibernación”, Aaron.

Dende o SEIS recomendan facer un trampeo caseiro “de forma prudente e selectiva para non afecta ás especies autóctonas”. Non ven ideal que a veciñanza tome a iniciativa, porque pode ser “contraproducente”.

“O trampeo é recomendable, pero só de forma selectiva”, Aaron.

As zonas do municipio onde rexistraron maior incidencia son aquelas con grandes extensións de arborada, polo tanto sinalan a Trasmañó, Cedeira e Quintela como as parroquias máis afectadas e onde se detectaron maior número de niños.

“Nas zonas forestais hai niños que son máis difícil de detectar”, Aaron.

O protocolo a seguir pola veciñanza cando se atopa cun niño pasa por “dar aviso ao Concello de Redondela e é este o que se encarga de contactar co SEIS” . Este método pretende facer un filtrado inicial a través da Concellaría de Medio Ambiente para determinar o tipo de niño e poder actuar con maior coñecemento e celeridade.

“Ademais dos avisos por niños tamén recibimos por accidentes”, Aaron.

Quedan á espera de que sexa un ano tranquilo xa que pouco a pouco van controlando a especie, aínda que o principal é minimizar os riscos porque de momento non hai un mecanismos de erradicación ou método efectivo para a eliminación completa da invasión destas avespas asiáticas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará