Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior descarta unha pantalla xigante en Talo Río “para non prexudicar á hostalaría”

bar futbol

O goberno local autorizará espazos no exterior dos establecementos hostaleiros para seguir a final da Eurocopa e sinala que poñer unha pantalla xigante en Talo Río –tal e como solicitara o PP- para un evento televisado en aberto perxudicaría ao 95 % dos negocios hostaleiros do concello

Co obxecto de favorecer que os locais do municipio se poidan beneficiar desta retransmisión do partido da Eurocopa entre España e Inglaterra, o goberno de Soutomaior asinou un decreto de alcaldía a través do cal autoriza aos locais de hostalaría do concello a habilitar no seu exterior espazos e dispositivos de difusión (televisións, proxectores e pantallas…) para que a súa clientela poida seguir o partido do domingo. O Goberno levaba días traballando nesta medida en previsión de que a selección española puidese chegar á final da competición deportiva.

A este respecto, dende o Goberno de Soutomaior sinalan que a petición do Partido Popular de instalar unha pantalla xigante nunha única praza do concello suporía un mazazo económico para o 95 % dos negocios hostaleiros, xa que non terían clientes ese día. “Non se trata dun concerto no que hai que escoller o sitio, trátase dun evento deportivo televisado e en aberto, polo que calquera local hostaleiro pode beneficiarse disto. É por iso que o Goberno local no pode compartir a proposta do PP de colocar unha pantalla en Talo río e deixar sen beneficios ao resto de locais do concello”.

Dende o Goberno local tamén destacan que xa amosaron o seu posicionamento ante este tipo de actos coa final do mundial de fútbol feminino que tivo lugar en agosto do ano pasado “non facemos discriminacións no deporte en función de se o practican mulleres ou homes, polo que desde un principio tiñamos claro que íamos aplicar  o mesmo criterio para o fútbol masculino que para o fútbol feminino”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará