Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela volve apostar polo ecoturismo

ecoturismo

O concello de Redondela pon en marcha un intenso programa de roteiros e actividades vencelladas co medio ambiente que se van desenvolver ao longo do mes de xullo. Actividades entre as que se inclúen paseos polo litoral, saídas en bicicleta e paseos en Kayak e nas que compre inscrición previa na oficina de turismo, no teléfono 986401713 ou no enderezo turismo@redondela.gal.

A primeira proposta será o vindeiro luns cunha actividades de iniciación ao Kayak cun percorrido polos “segredos da Portela” que permitirá aos participantes coñecer os fondos mariños, as pradeiras de zoostera, a IME a Regasenda. A saída terá lugar en horario de 10:30 a 13:30 e ten un prezo bonificado de 20 euros por persoa.

O xoves 18 terá lugar unha ruta en bicicleta pola senda da auga e o venres 19 unha ruta nocturna pola praia de Cesantes, mentres que ao día seguinte a ruta, tamén en horario nocturno, levará aos participantes a coñecer os Muiños do Fondón e Monte Penide.

Nesa mesma fin de semana haberá tamén unha ruta ambiental por Monte Penide o domingo 21 e unha actividade de kayak pola enseada de san Simón o luns 22.

O programa rematará o sábado 27 cunha actividades de observacións das estrelas no Campo de fútbol do Viso.

Un programa que arranca o luns e que se vai desenvolver ata finais de mes e no que se traballa conxuntamente dende as concellerías de Turismo e Sostibilidade.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará