Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela agarda máis de 200 participantes na súa III Carreira Popular

RR_Noticias

Celebrarase o domingo día 20 de xuño, co mesmo percorrido do ano pasado, un total de 6 quilómetros entre Redondela e Cesantes. Será a última oportunidade para participar nesta modalidade, xa que o próximo ano a organización ampliará o percorrido a 10 quilómetros entre Chapela e Redondela.

A Carreira Popular Vila de Redondela chega a súa terceira edición co obxectivo de “animar a todo o mundo” a participar. Esa é a intención da Piscina Municipal e da Concellería de Deportes de Redondela, que organizan a proba. Cun percorrido de 6 quilómetros entre Redondela e Cesantes, trátase dunha proba “ideal para principiantes”, xa que é de “escasa dificultade”, cun traxecto no que non hai desniveis. O percorrido será o mesmo da anterior edición, unha especie de “oito” que parte da Casa do Concello, percorre o centro da vila, regresa para seguir cara Cesantes, e de volta remata no Concello. Segundo José Bamio, xerente da piscina, calquera interesado, sen practicamente adestramento, pode facelo “en pouco máis de media hora”. Bamio explicou ademais que “non se trata dunha proba competitiva”, senón que o obxectivo é fomentar “prácticas saudables” entre a poboación, e para todas as idades. E semella que serán moitos os que se animen. O venres contaban xa con máis de 100 inscritos, e o prazo está aberto ata o día 17 de xuño, polo que a organización agarda superar a participación do pasado ano, que foi de 25o atletas. Os interesados poden informarse na Piscina Municipal de Redondela, no teléfono 986.400.586, ou a través das páxinas www.championchipnorte.com ou www.correrengalicia.org. A cota de inscrición é de só 1 euro, máis outro euro polo aluguer do chip de cronometraxe en caso de non dispor deste dispositivo que controla os tempos de carreira. O prezo da inscrición é de 2 euros. A saída será ás 10:30 desde o Concello de Redondela, onde se instalará tamén a meta. Todos os inscritos recibirán como agasallo unha camiseta de atletismo, e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría: unha de maiores de 35 anos e outra para menores, tanto masculino como feminino. En anteriores edicións teñen participado nomes coñecidos do atletismo. O ano pasado Julia Vaquero impúxose na categoría feminina e Akka Essadoui na masculina. O concelleiro de Deportes, Carlos González, avanzou que esta proba “será a última oportunidade en Redondela de disputar un circuíto urbano, xa que a partir de 2011 a carreira será entre Chapela e Redondela, cun percorrido duns dez quilómetros”

Jose Bamio organizador
A organización anima a participar a xente de todas as idades
Fomentar o deporte
O obxectivo da organización é promover prácticas de vida saudables

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará