Hoxe é Xoves 19 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maskarpone, cabeza de cartel do festival ‘Son das Alvedosas’

son das alvedosas

A asociación cultural e xuvenil Irmandiñas de Soutomaior organiza, en colaboración co concello, o festival Son das Alvedosas. Unha proposta musical que se desenvolverá no Peirao de Arcade este sábado 13 a partir das sete da tarde. Haberá obradoiros e música con The Game Disco, Lau Panicanela, MJPerez, Markarpone e DJ Meu Cariño.

A Asociación As Irmandiñas naceu hai uns meses da man dun grupo de amigos que busca crear un espazo de encontro para a xente nova. Unha vez organizados deciden arrancar coa posta en marcha de actividades de interese como obradoiros, actividades de formación, festas e un festival musical que celebra esta fin de semana a súa primeira edición.

As actividades desenvolveranse no peirao de Arcade  con obradoiros, un bingo musical onde os xogadores deberá recoñecer as cancións que soan e localizar o tema no seu cartón e como non, moita música. A banda ourensá de ska, rock bravú e tradicional galego Maskarpone será a cabeza de cartel dunha tarde de música na que tamén soará a música de The Game disco, Lau Panicanela, MJPerez e DJ Meu Cariño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará