Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Dansarey celebra o éxito na final do campionato europeo

450630947_795065086134080_2787288112142891374_n

O club de baile redondelán Dansarey recolleu dous ouros e unha prata no Festival de Danza VTS ‘Vive tu sueño’ na categoría Avanzado Europeo, celebrado no centro de convencións ExpoMeloneras de Maspalomas, en Las Palmas de Gran Canaria, do 11 ao 14 de xullo de 2024.

Enfrontáronse a clubs de Italia, Francia, Grecia, Portugal e España econseguironclasificar no máis alto do podio a tres agrupacións. Concretamente, Dansarey Ladies proclamáronse campioas Europa no nivel intermedio, Dansarey Queens campioas de Europa na categoría Avanzado e Dansarey Dance Company Subcampións de Europa tamén na categoría Avanzado.

Dansarey logrou clasificarse para a final do europeo gracias a gañar dúas medallas de ouro no certame nacional “Vive tu sueño” celebrado o ano pasado en Ávila e unha medalla de ouro no Campionato de España disputado en 2022 en Marbella.  Dende a directiva do club salientan en redes sociais “o orgullo e a felicidade conseguido despois de tantos meses de traballo”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará