Hoxe é Luns 16 de Setembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Carreira de fondo: Úrsula Lorenzo-Traballo Social

Úrsula Lorenzo Míguez, traballadora social de Redondela, achégase aos nosos micrófonos para falar do seu proceso académico e profesional e da importancia dunha rama moitas veces pouco coñecida ou infravalorada.

Úrsula é unha persoa que lle apaixona a súa profesión, que está en contacto coa realidade social e que ademais defende e comprende as oportunidades que temos, a pesar de ser un camiño difícil para chegar realmente a cambiar a vida das persoas.  Ademais do Grao en Traballo Social feito na USC, tamén conta co Máster Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria da Universidade de A Coruña, no que puido afondar en eidos de grande importancia como o envellecemento ou o xénero. Por todo isto, tamén facemos un repaso do seu TFM titulado “Igualdade de oportunidades na vellez: Un estudo a través da traxectoria vital das mulleres na España democrática”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

A voz emerxente: Vermúsical

Vermusical é unha banda familar de Redondela que xorde como iniciativa para “xuntarse e compartir á música entre risas e boa compañía”. Conta con sete compoñentes e todos eles teñen

Escoitar audio »