Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Paseo da Xunqueira será peonil todas as tardes a partir das 19:00 horas

Paseo Xunqueira.427ef433-9a12-4cd4-a217-b1c1a9310a53

A céntrica rúa pecharase ao tráfico polas tardes a partir deste venres. Durante todo o verán o paso de vehículos estará prohibido dende as 19.00 horas e ata a medianoite no tramo comprendido entre a Praza II República e a rúa que desemboca en Alfonso XII. A zona será nese horario de uso exclusivo para os peóns.

O Paseo da Xunqueira terá horario limitado para o tráfico rodado a partires de mañá venres, día 19 de xullo, unha medida que se manterá durante o que resta de verán. A rúa pecharase á circulación polas tardes, desde as 19.00 horas e ata a medianoite, no tramo comprendido entre a Praza II República e a casa do Concello.

A Concelleira de Interior, Rita Pérez explica que a medida afecta a un tramo duns 200 metros nas inmediacións da Pista da Xunqueira “moi frecuentado por familias e nenos, especialmente durante as competicións deportivas que se desenvolven nos meses de xullo e agosto”. O pechedo tráfico na zona suporá “facilitar a mobilidade do numeroso público que se achega a esta zona e mellorar a seguridade dos peóns”.

A alcaldesa, Digna Rivas, explica que esta medida que agora se pon en marcha é un compromiso do goberno municipal “para crer espazos máis amables para a cidadanía, dando prioridade aos peóns nos lugares onde é posible”. O uso peonil neste tramo do Paseo da Xunqueira en horario de tarde súmase á peonalización da rúa Padre Sarmiento realizada no pasado mes de maio. Con esta limitación parcial ao tráfico o goberno local “continúa coa transformación iniciada no marco da mobilidade sostible e da recuperación de espazos públicos para a cidadanía”. Facer unha vila con menos tráfico nos lugares onde é posible, neste caso nunha franxa horaria concreta, “supón reducir a contaminación e o ruído, o que redunda nunha maior calidade de vida para a veciñanza”, explica o concelleiro de Infraestruturas e Sostibilidade, Roberto Villar.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará