Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mudialito da Xunqueira colle fama a nivel nacional

WhatsApp Image 2024-07-19 at 14.16.38

Esta popular competición de fútbol sala en categorías inferiores, organizada polo Club Redondela FS en colaboración co Concello de Redondela, celebra a súa 40 edición do 26 de xullo ao 17 de agosto na Pista da Xunqueira.

O Mundialito da Xunqueira cumpre 40 anos e, desta vez, tivo que pechar o prazo de inscrición unha semana antes do previsto por superar folgadamente o número de equipos que poden participar. Isto demostra o crecemento e atractivo por este torneo que nesta edición contan con solicitudes de fóra de Galicia. Os horarios e equipos aínda  están por pechar, perdo dende a organización apuntan ao “interese de xente de Madrid en vir ata aquí e xogar nun evento familiar que realizamos con todo o cariño”.

Entre as categorías que participan atópanse a Infantil (nados en 2010 e 2011), Alevín (nados en 2012 e 2013), Benxamín (nados en 2014 e 2015), Prebenxamín (nados en 2016 e 2017), Biberón (2018 e 2019) e Chupete (nados en 2020, 2021 e 2022).

O obxectivo deste torneo con catro décadas de historia detrás sempre foi chegar o máis lonxe posible. A Presidenta do Redondela FS, Yolanda Alonso, explica que “é unha magoa ter que deixar fora a equipos por ser imposible cadrar os horarios. Superamos en moito os datos do ano pasado e estamos pechando o calendario. Todo isto indica que alcanzamos fama xa non só en Redondela e contorna, senón tamén fóra de Galicia”.

Do 26 de xullo ao 17 de agosto Redondela volverá a encherse de mini-futbolistas na Pista da Xunqueira e as súas familias, un dos maiores atractivos deportivos de Redondela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará