Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Obras para eliminar as fugas na rúa Cochón en Arcade e aforrar auga

pablo

O concello de Soutomaior anuncia que antes de que finalice o ano estará lista a renovación da rede de abastecemento de auga nesta rúa de Arcade que nos últimos 10 anos sufriu máis de 45 fugas. O concelleiro de Obras, Pablo Garrido, explica que estas avarías responden a unha rede de abastecemento que ten máis de 25 anos e que está “totalmente obsoleta”.

Os traballos previstos contarán cun investimento de máis de 44 mil euros e serán licitados nas vindeiras semanas polo que se prevé que esté finalizada a obra antes de que remate este ano.

O actual proxecto ten como obxectivo a renovación da rede de abastecemento de auga na marxe dereita da Rúa Cochón onde se retirarán 150 metros das canalizacións actuais e se instalará unha nova rede, que se conectará coa rede de abastecemento das rúas Xosé Solla e Calvario. 

Ademais está prevista a renovación da beirarrúa en dúas da acometidas. Adicionalmente instalarase como mellora do sistema de abastecemento na Rúa Cochón unha ventosa que evitará bolsas de aire que xeran sobrepresións nas tubaxes reducíndose o caudal e as posibles avarías.  

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará