Hoxe é Martes 26 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Mundialito da Xunqueira sénior celebra a final sen medo a chuvia

362895833_794313205717644_3273308894440582442_n

Esta popular competición, organizada polo Club Redondela FS en colaboración co Concello de Redondela, chega a final da súa 45 edición este sábado 20 de xullo, despois de 17 días de partidos emocionantes e sen maiores incidencias. A pesar do prognóstico de choiva continúa a programación sen cambios cun horario de 19:30 horas a 22:30 horas.

O Mundialito comezou o 1 de xullo cun total de 28 equipos inscritos dos cales 12 son categoría cadete e 16 sénior, superando as inscricións do ano pasado. O sábado é a gran final que se desenvolverá con catro partidos programados. O primeiro é ás 19:30h e o segundo e terceiro posto disputado este ano entre Punta Canteira (Redondela) e Team Red (Vigo), a continuación enfrontaranse Sanma e Chavules, dous equipos de fóra, para loitar polo primeiro posto dos cadetes. Ás 21:00 horas desenvólvese o partido para acadar o segundo e terceiro posto dos sénior entre dous equipos do municipio: O Royal Picasso e o Pub Akelarre. Inmediatamente despois terá lugar a gran final sénior na que se enfrontarán ás 21:45 horas Talleres Redomuro (Redondela) e La Quinta (de fóra) para conseguir o título de campións do Mundialito da Xunqueira 2024. Dende a organización do Redondela FS, Rola, explica que “os de Redondela non o van ter fácil, porque o seu rival é moi experimentado. Iso sí, vai a ser emocionante ata o final”.

Este ano houbo moitísima afluencia de público dende o principio. As semifinais foron moi intensas con partidos intensos, onde houbo momentos de prorroga e algunha rolda de penaltis. Rolan sinala “unha sorpresa negativa”, porque un equipo xa clásico no torneo, o Rodavigo 1, este ano non conseguiu chegar a semifinais.

Agradececen a toda a xente que apola este evento “que cada ano é máis complicado de organizar e vai crecendo” e aseguran que “ a choiva non vai a supoñer un problema”. Esta pode ser a primeira edición “pasada por auga” dende que a organización ten memoria.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará