Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela abona aos provedores un millón de euros en facturas pendentes

concello redondela

O Concello prevé saldar a totalidade da débeda no mes de outubro. Neste mes de xullo está previsto pagar un total de 1.026.000 euros. Aseguran dende o goberno local que o inicio dos pagos arrancou o pasado día 16 cos primeiros ingresos por valor de 488.000 euros tal e como está previsto no calendario de pagos no que se “da prioridade ás pequenas e medianas empresas”

Desde o pasado martes día 16 de xullo o Concello de Redondela está a facer o pago aos provedores das facturas pendentes logo de que o pleno da corporación aprobara no pasado mes de xuño o

recoñecemento extraxudicial de 2,7 millóns de euros de gastos para facturas correspondentes a 2022 e 2023. Lembran dende o goberno local que se trata de facturas que non puideran sufragarse no exercicio correspondente por unha avaría grave no sistema informático do departamento de Intervención que impediu facer a liquidación deses exercicios. Transcorridos os prazos legais de exposición pública, as facturas comezaron xa a abonarse.

A alcaldesa, Digna Rivas, agradece o apoio do BNG para sacar adiante a proposta e que os provedores poidan cobrar e lamenta a actitude do PP “que mentiu sobre a situación financeira do Concello, non é certo que estea ao bordo da quebra como quedou demostrado”.

No mes de xullo pagaranse en total 1.026.000 euros en facturas pendentes a pequenas e medianas empresas. O pasado día 16 realizáronse os primeiros ingresos, por valor de 488.828 euros, e ao longo das próximas semanas continuarán a facerse os pagos de xeito progresivo. Desde o Concello de Redondela estableceuse un calendario dando prioridade ás pequenas e medianas empresas para que sexan as primeiras en recibir os pagos. O abono das facturas continuará nos meses de agosto e setembro, e está previsto que a totalidade das facturas pendentes estean saldadas en outubro.

A alcaldesa, Digna Rivas, insiste en que a situación financeira do Concello de Redondela está saneada, cun remanente de Tesourería de case 3,7 millóns de euros, con débeda cero, e despois do pago das facturas pendentes as arcas municipais seguirán a contar con case 1 millón de euros de remanente positivo para gastos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará