Hoxe é Venres 18 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela lidera a liga galega feminina de traiñeiras

Diseño sin título (1)

Esta fin de semana celebráronse ata catro probas da Liga Galega de Traiñeiras, nas que as embarcacións locais trataron de seguir ascendendo na clasificación. Cesantes acadou a súa primeira bandeira da tempada en Rianxo, mentres que Chapela conseguiu levar á casa a de Cidade de Ferrol. Isto as sitúa como rivais directas polo primeiro posto na clasificación xeral. En canto a liga masculina, Chapela mantén o pulso a Ares no segundo posto do podio galego.

O sábado, as mozas de Cesantes-Amegrove-Cefycal deron o mellor de si mesmas e proclamáronse campioas na III Bandeira Feminina Concello de Rianxo, nunha regata sorprendente na que superaron con notable solvencia a Chapela-Wofco que foran as vencedoras nas dúas regatas anteriores.

Nun xiro de volta,  o domingo, a tripulación feminina do CR de Chapela recuperou o ritmo e levou á casa a VIII edición da Bandeira Feminina Cidade de Ferrol Memorial Miguel Derungs Criado, celebrada na enseada de A Cabana. A embarcación berete, líder da liga autonómica, desquitouse da derrota ante o Cesantes en Rianxo e esta vez impúxose por máis dun minuto e medio de diferenza. Desta forma consolídase no liderado da xeral, con dous puntos de distancia sobre o seu principal perseguidor e a moita diferencia do resto de embarcacións competidoras.

Na Liga Masculina o sábado disputouse a XXI Bandeira Concello De Rianxo onde o gañador foi  CR Ares, seguido de CM Castropol, e Chapela –Wofco que rematou no terceiro posto. Cesantes non tivo tanta sorte e chegaron de últimos á meta. Na clasificación xeral o primeiro posto o mantén Ares, pero seguido moi preto por Chapela no segundo posto.

Cabe destacar que Chapela compite na Liga B, un total de 3 embarcacións participando na LGT, acadando un meritorio terceiro posto.

CLASIFICACIÓN

II BANDEIRA FEMININA CONCELLO DE RIANXO: Cesantes, Chapela, Cabo da Cruz.

VIII BANDEIRA FEMININA – CIDADE DE FERROL VI MEMORIAL MIGUEL DERUNGS CRIADO: Chapela, Cesantes-Amegrove-Cefycal, CR Salgado.

Clasificación Xeral Liga F: Chapela (27), Cesantes (25), Rianxo (16).

XXI BANDEIRA CONCELLO DE RIANXO: CR Ares, CM Castropol, Chapela –Wofco (12 Cesantes).

Clasificación xeral Liga A Ares, Chapela, Tirán.

Liga B XXIX BANDEIRA CONCELLO DE BUEU: CR Cedeira, CR Puebla, CR Chapela.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará