Concentración semanal ás portas do Concello en apoio ao pobo palestino
A corporación debaterá unha moción en apoio ó pobo palestino presentada conxuntamente por BNG, AER e PSG-PSOE a petición dos colectivo pro Palestina de Redondela. Convidan á veciñanza a achegarse ao Multiúsos, lugar no que se vai celebrar o pleno a partir das 20:30 horas, ataviados con Kufilyas, bandeiras ou outros elementos de visiblización.
A moción busca dar o apoio da corporación municipal ao pobo palestino que leva sufrindo desde hai máis de nove meses as agresións do estado de Israel. No caso de saír aprobado sería “unha mostra máis do apoio e sensibilidade da vila redondelá con esta causa” e convertería o noso concello “na primeira vila da comarca en levar a cabo unha iniciativa deste calibre”.
Unha solidariedade que se amosa tamén cada luns coas concentracións que de xeito ininterrompido desde o comezo do conflito se levan repetido diante do Concello ou a realización de diferentes actividades específicas, como foi o serán solidario por Palestina, para recadar fondos.