Unha fin de semana marcada polas numerosas detencións realizadas pola Policía Local no municipio, en total catro persoas pasaron a disposición xudicial pola súa presunta implicación en diferentes delictos de violencia contra a muller, estafa e conducción baixo os efectos do alcol.
Dous dos detidos na fin de semana víronse implicados en accidentes de tráfico sen feridos dando positivo na posterior proba de alcoholemia. Segundo información facilitada pola Policía Local na noite do sábado ás 22:50 horas un Renault Clío colidía na céntrica rúa Alfonso XII contra unha xardineira. No interior do turismo ían tres mozos realizándoselle á proba de alcoholemia ao condutor quen foi trasladado a dependencias da comisaría de Vigo logo de dar positivo. Tamén cunhas copas de mais ía outro individuo quen conducía un vehículo que colidiu contra un pivote da vía á altura da Capela de Santa Mariña.
Orde de afstamento
Na xornada do sábado os axentes tiveron que intervir tamén na detención dun home de 39 anos de idade en Vilar de Infesta por incumprir unha orde de afastamento do domicilio familiar, no que residen a súa nai e a súa irmá. Segundo fontes policiais o home acudiu de madrugada á vivenda cando non había ninguén no interior a pesar de que ten unha orde de afastamento de 500 metros ditada polo Xulgado de Redondela.
Cando a nai regresou á vivenda alertou á policía. O home foi localizado ás dúas do mediodía do sábado nun restaurante próximo polo que foi arrestado.
Tamén o sábado axentes do corpo municipal detiveron a un individuo de nacionalidade romanesa que pedía cartos para un falso centro de xordomudos. Os feitos producíronse 13:15 cando os axentes foron alertados da presenza do home que ía disfrazado de muller, pedindo pola rúa Picota. O individuo, de 38 anos de idade, tiña antecedentes pro roubo e estafa.