As festas do Carme continúan na nosa bisbarra e esta fin de semana é a quenda para os actos que organiza o Círculo Cultural e Recreativo de Chapela con actividades que arrancan hoxe venres nunha xornada na que haberá verbena a cargo do trío La Noche e o grupo Kalima. Mañá sábado será tamén unha xornada de atraccións e música nocturna co trío Arena e a orquestra D’Noche.
O día grande será o domingo con procesión terrestre ás doce do mediodía mentres que a procesión marítima está prevista para as cinco da tarde. A orquestra América S.L. será a encargada de amenizar a verbena nocturna partir das 22:30 horas.
O luns terá lugar o Día do neno con atraccións a un prezo máis económico.