Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CR de Chapela e o CCD Cesantes anuncian prazas libres para o campus de verán

Sin título (940 x 788 px) (1)

O CR de Chapela e o Circulo Cultural Deportivo de Cesantes informan de prazas disponibles para no Campus de Verán para o mes de agosto. Ambos clubs organizaron actividades para os meses de xullo e agosto en horario de mañá para axudar á conciliación familiar na época de vacacións escolares.

Comezaron  1 de xullo e rematan o último fin de semana de agosto cona actividades centradas na natureza, o medio mariño é o remo. Aínda quedan prazas dispoñibles en ambos clubs e animan aos nenos e nenas a iniciarse no deporte e pasar un mes de diversión e compañeirismo no que non fai falta ter experiencia previa neste deporte.

No caso do CR de Chapela o horario é de mañá de 09:00 horas a 13:30 horas e está pensado para rapazada a partir dos 7 anos. A inscrición pode facerse nas instalacións do Club con dirección na Avd. San Telmo 60, 36320 Chapela a partir das 19:30 horas da tarde, a través do teléfono 986 45 29 76 ou no enderezo c.r.chapela@hotmail.com . O prezo do mes completo é de 120 euros tendo a posibilidade de participar medio mes por 75 euros, ou semanas soltas a elixir por 50 euros cada unha. Dende a organización, a monitora e remeira Laura Carracedo,  explica que en agosto “pretenden seguir a mesma liña de xullo, con actividades no mar os días de máis calor e manualidades e xogos os días de mal tempo. Fan “yincanas” e paseos con kayak,  sacan os bateis á auga para ensinar de primeira man a experiencia do remo e tamén apostan polas excursións. Ata o de agora  visitaron o banco-miradoiro de Rande e fixen unha as acampada nocturna que realizan nas instalacións, pero a remeira apunta que “en función das necesidades ou peticións dos participantes adaptan as actividades e poden expor novas excursións para o mes de agosto”.

“Imos a praia e facemos actividades con auga, pero tamén saímos cos bateis e outras embarcacións de banco móbil”, Laura Carracedo.

Tamén hai a posibilidade de asistir a semana que vén de luns a mércores (29 a 31 de xullo) de balde para probar a dinámica e inscribirse no mes de agosto.

“Cando os nenos e nenas están máis cansados para as actividades físicas tamén facemos manualidades”, Laura Carracedo.

A escola de verán do CCD Cesantes ten un horario de mañá de 09:00h a 14:00 horas (de luns a venres) e está enfocado a idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos. As actividades, explican dende o club, estarán centradas en “técnica deportiva, xogos, actividades e o aprendizaxe do noso  medio mariño”. O prezo é de 125 euros o mes completo e de 70 euros por quincena. Para máis información está dispoñible o teléfono 666 53 02 95 ou o enderezo ccdcesantes@gmail.com. Ata o de agora fixeron carreiras de relevos e deportes variados como o kayak, ademais de ensinar as bases do remo. Tras o éxito do ano pasado, teñen pensado, segundo a participación de agosto, organizar unha visita á Illa de San Simón. Carla Santos, monitora e remeira de Cesantes, explica que “lles gustaría moito poder captar remeiras para completar as categorías base femininas a través do campamento”, porque este é un deporte que por tradición ten máis presenza masculina.  

“Obviamente remamos, pero facemos moitos circuítos e actividades no mar”, Carla Santos.
“O obxectivo tamén é captar deportistas novos para adestrar e o ano pasado apuntáronse bastantes ao club”, Carla Santos.
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará