Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Maxia, humor e música para celebrar o XXV aniversario do Festival de Artistas de Rúa

artistas rúa

O Festival, que se celebrará o venres día 2 de agosto, achegará á alameda e as distintas prazas do centro da vila actuacións diversas a partir das 19.30 horas cun concerto de As Tareixas, espectáculos de circo, malabares e humor con Rogelio La Fête e “Cualquier verdura” da compañía Chimichurri, UP2DOWN con funambulismo, o pasarrúas Hexagonum de Troula, o mago El Shado e os ritmos cubanos do Septeto Santiaguero.
O festival de Artistas de Rúa arrancará ás 19.30 horas na praza José Figueroa con actividades cun concerto de As Tareixas, un grupo musical familiar redondelán galardoado co segundo premio no concurso “Quero cantar” celebrado este ano pola Deputación da Coruña. Será ás 19.30 na praza José Figueroa. Ás 20.15 horas será a quenda do circo co clown Rogelio La Fête. O artista galego ofrecerá un espectáculo de corda frouxa, malabares, música e moito humor na Praza da Constitución. “Cualquier verdura” é o espectáculo que ofrecerá a compañía Chimichurri, con Rafael Dante, na Alameda Castelao ás 20.50 horas. Pérez Táboas explica que se trata dunha actuación que sorprenderá a todo o público “pola súa técnica, precisión e concentración, que contrasta co disparate e o humor dun artista circense moi cómico”. A alameda acollerá tamén o espectáculo UP2DOWN, unha peza de funambulismo, danza e clown para público familiar.
Ás 22.15 horas comezará o pasarrúas con Hexagonum, que percorrerá o centro da vila desde a praza de Ribadavia ata a praza de Santiago Apóstolo. Este novo espectáculo de rúa da compañía Troula conta a evolución da Humanidade desde o punto de vista dunha abella. Con estética “punki” o seu impresionante atrezo con música en directo, lume, efectos de luz e un diverso elenco “sorprenderá ao público de todas as idades cun show espectacular”.
Un dos pratos fortes deste XXV Festival é a actuación do Mago El Shado, que participou en programas como Got Talent, quen actuará na pista da Xunqueira ás 23.00 horas “con trucos que van máis aló do convencional e onde a maxia se fusiona coa modernidade e o mentalismo para deixarnos sen palabras”.
Para pechar o certame soará a música do Septeto Santiaguero ás 00.00 na Praza da Torre, grupo referente da música tradicional cubana que conta con dous premios Grammy Latinos.
Tanto a alcaldesa Digna Rivas como a responsable de Cultura, Rita Pérez sinalan que se trata dunha programación “moi variada e de gran calidade para gozar dunha tarde-noite coa familia e amigos polas rúas e prazas de Redondela e que seguro vai ser un éxito de público”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará