Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un condutor bébedo rompe mobiliario público en Redondela

453045889_816151630653167_7143684337830510885_n

No dispositivo preventivo realizado pola Policía Local de Redondela na madrugada do sábado, os axentes locais sancionaron a dous condutores por dar positivo no control de alcoholemia.

A primeira sanción foi na madrugada do sábado en Chapela na Rúa San Telmo. Unha muller deu positivo no control de alcoholemia cun resultado de 0.55mg de alcohol por litro de sangue.

Horas máis tarde, xa na mañá do domingo, a policía local procedeu a investigar a un condutor dun vehículo por un delito contra a seguridade viaria. Un veciño alertou de que o home estaba a realizar manobras temerarias. Saíuse da vía, chocou contra uns bolardos e deteriorou a fachada dun establecemento no casco urbano, na Rúa José Regojo. Unha vez localizado precederon a seguir o protocolo habitual e nas probas de alcoholemia deu positivo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará