Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Comezan as tarefas de limpeza e roza do Viso e Chapela

Limpeza cunetas Vilar

A alcaldesa, xunto cos concelleiros Pedro Villaverde e Iria Vilaboa  esta mañá en Vilar.

Os traballos de roza e limpeza de camiños municipais están a realizarse por fases nas diferentes parroquias de Redondela. A empresa Naturgalia, adxudicataria do servizo, rematou xa as rozas nas parroquias de Cesantes, Cabeiro, Trasmañó e Vilar. Esta semana quedarán rematados tamén no Viso e Chapela. En total son 138,75 os quilómetros rozados e limpos desde que comezaron os traballos no mes de xuño. Ao longo desta semana as brigadas realizarán traballos de roza e limpeza na parroquia de Quintela. No vindeiro mes de agosto os operarios desprazaranse a facer as rozas ás parroquias de Santo Estevo de Negros, Ventosela, Reboreda, Saxamonde e Cedeira.

Por primeira vez as tarefas de roza e limpeza faranse dúas veces ao ano en todos os camiños públicos de Redondela. A primeira fase, que comezou en xuño, rematará en agosto. A segunda limpeza anual realizarase entre os meses de setembro e novembro. “O obxectivo deste contrato histórico é que todos os camiños das parroquias e as súas marxes estean en perfectas condicións todo o ano”, explica Rivas. Trátase dunha “aposta decidida” da rexedora local “pola mellora da calidade de vida nas parroquias” cun servizo de limpeza que se foi ampliando e mellorando nos últimos anos. O contrato, por dous anos, licitouse á empresa Naturgalia por un importe de 989.268 euros. O contrato podería prorrogarse dous anos máis, de xeito anual, ata un importe máximo de 1.978.536 euros para os catro anos.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

A limpeza das cunetas realízase nunha segunda fase con maquinaria especializada.  A brigada retira todo o lixo acumulado nas beiravías para permitir unha boa evacuación da auga. Os operarios limpan os caños e sistemas de drenaxe obstruídos por vexetación ou outros residuos. Isto evitará atascos e facilitará a evacuación da auga da chuvia. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que se trata duns traballos “moi necesarios” xa que hai máis dunha década que non se realizaba unha limpeza a fondo das cunetas.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela.

A alcaldesa, xunto cos concelleiros Pedro Villaverde e Iria Vilaboa supervisou esta mañá a limpeza das cunetas que está a realizarse actualmente en Vilar, e proseguirá polo resto de parroquias nas vindeiras semanas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará