O sábado as tripulacións de Chapela Wofco venceron en Mugardos, en augas ferrolanas, cunha dobre vitoria na VI Bandeira Femenina Reganosa VIII Bandeira Concello de Mugardos da liga masculina A.
O triunfo na regata feminina era esperado, xa que Chapela Wofco lidera a clasificación xeral. A sorpresa agradable chegou na categoría masculina conseguindo, por primeira vez, superar a Ares dende que arrincou a tempada e acadando a vitoria na VIII Bandeira Concello de Mugardos.
O domingo celebrouse a XLII Bandera Concello de Moaña no peirao dá Mosqueira. Aquí, Ares logrou superar a Chapela despois do encontro do sábado. A embarcación masculina berete quedou no segundo posto e Cesantes de sétimo logrando alonxarse un chanzo do último posto na clasificación xeral. Nestes momentos, Ares continúa liderando a Liga A.
En canto a Liga B, o vencedor da II Bandeira Masculina Concello de Ribeira foi Cedeira, seguido de Chapela que logrou superara a Puebla.