Foto de Romasanta
O Berete Rock celébrase o sábado tres de agosto no Paseo Marítimo de Chapela a partir das 20:30 horas con entrada libre e de balde.
A cita é xa todo un referente no calendario galego do rock e volve a destacar cun cartel “potente” nun marco natural de excepción.Entre as Bandas e artistas confirmados atópanse: Saratoga , Brétema , Zona Zero, Chocolate Sexy e Martires del Rock & Roll.
Chocolate Sexy son de Redondela e fan versións de clásicos como Extremoduro ou Barricada, principalmente bandas dos anos 80 e 90 españolas. Dende Ferrol chegan Mártires del Rock & Rock que farán unha homenaxe a banda galega de rock por antonomasia Los Suaves.
Zona Zero presentan o seu último traballo “La tempestad” e levan temas propios, ao igual que Brétema de Barcelona que está formado por Pacho Brea á voz e Jose Rubio á guitarra. Por último, subirase ao escenario do Berete Rock a banda internacional e popular Saratoga (Madrid).
A cita, organizada pola Asociación Berete Rock coa colaboración da Concellería de Cultura de Redondela, mantense como un dos poucos festivais de música gratuítos na comarca. Este gran evento musical subirá os decibelios do Paseo Marítimo o sábado a partir das 20:30 horas.