Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

As madriñas de Redondela, protagonistas do faladoiro “Aquí faltan páxinas”

descarga

Foto de RTVE

A Illa de San Simón acollerá na tarde do xoves un faladoiro sobre “As madriñas de Redondela”, que foron a esperanza dos presos da Illa durante a guerra civil e os primeiros anos da ditadura franquista. A iniciativa forma parte do programa da Deputación de Pontevedra “Aquí faltan páxinas” e todas as prazas están xa esgotadas.

O faladoiro, que se poderá seguir a través da web da Deputación de Pontevedra, irá acompañado dun podcast que estará dispoñible nos vindeiros días tanto na web institucional como en Ivoox e Spotify, e que incluirá testemuños recollidos durante o encontro deste xoves na Illa de San Simón. Nel recordarase a estas mulleres que, entre os anos 1936 e 1943 crearon unha rede de cooperación para axudar aos preto de seis mil homes que estiveron presos na Illa de San Simón e dos que se estima morreron uns 700 de enfermidade e de malnutrición a causa das condicións de vida e dos traballos forzados aos que estaban sometidos. E

Estas ‘madriñas’, ou ‘lavandeiras’, como eran tamén coñecidas, mesmo sen ter vinculación ningunha cos presos, ofrecéronse a lavarlles a roupa e levarlles comida, mantas, menciñas e, moitas veces, cartas de familiares agochadas entre a roupa. Moitas delas foron castigadas, multadas e represaliadas, mais continuaron loitando desde o cotián contra a barbarie e a inxustiza.

A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro ás 17:00 horas e José Antonio Martínez Fernández, presidente do Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy, e familiares das madriñas serán os encargados de recuperar a memoria destas mulleres.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará