Hoxe é Domingo 24 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PP alerta do estado no que se atopan as cunetas e beiravías de todas as parroquias

452145911_883906963781122_8314679915837463012_n

Os populares de Redondela alertan do incumprimento do contrato do servizo de realización de tarefas de limpeza e roza das cunetas, beiravías e noiros dos camiños de competencia municipal para os anos 2024 e 2025. O contrato foi asinado o 3 de xuño polo goberno local para a realización de ditas tarefas por un importe que acada os 1,6 millóns de euros.

Dende o PP de Redondela advirten que este contrato non se está a cumprir xa que ningunha das parroquias do concello se atopan limpas, o que supón unha situación de extrema gravidade tanto polo incumprimento do convenio, como pola situación na que se atopan estos camiños para o tránsito de vehículos e persoas, ademais de ser un foco de máxima perigosidade coas altas temperaturas e o risco de incendio que iso conleva.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará