Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

200 persoas viviron o desafío Eureka Reto Rural en Pazos de Borbén e Fornelos de Montes

453041454_804845738494850_3623012772306424778_n

Aventura, historia e cultura entrelázanse no desafío “Eureka Reto Rural”, unha iniciativa lanzada por EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Este proxecto ofrece xogos de escapismo temáticos ao aire libre e dixitais, accesibles para todos os públicos. O obxectivo é percorrer o territorio e descubrir a riqueza dos 14 municipios da rexión dunha maneira amena, divertida e orixinal.

Esta fin de semana foi a quenda dos veciños de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes. Arredor de 200 persoas achegáronse a coñecer estes territorios dun xeito diferente e divertido nestas actividades de escapismo de balde e organizadas por EuRural e o Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

O pasado sábado, veciños, veciñas e visitantes de Pazos de Borbén dirixíronse ao Torreiro de festa das Xunqueiras cun mesmo obxectivo. O de explorar a historia das Casas Indianas da localidade ca fin de resolver o desafío no menor tempo posible. Os gañadores foron “Tartarugas”, premiado cunha ruta a bordo dun barco tradicional, no que poderán observar os traballos da pesca artesanal no entorno Baiona-Cíes, así como dunha degustación a bordo de productos do mar. Xa o domingo, aqueles que se achegaron a Fornelos de Montes puideron desfrutar do percorrido que permitía coñecer os segredos da localidade era a “Festa da Chanfaina e da Carne do Suído”.  “Caspers” foi o equipo que resolveu nesta ocasión a proba coa maior brevidade, polo que desfrutarán dun paseo en barco polo río Miño dende Tui, cun aperitivo ou merenda e comida ou cea de degustación no restaurante Beldade.

“Eureka Rural” está a levar a súa aventura polos 14 concellos do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño, explorando o territorio a través dunha serie de xogos de escapismo que permiten coñecer dun xeito orixinal a historia do municipio. A vindeira cita terá lugar o mércores 14 de agosto en Soutomaior e terá a “María Vinyals” como protagonista. E no caso de Redondela, que tamén participa nesta iniciativa, a cita será o 20 de setembro.

As persoas que desexen participar en calquera dos escape-rooms deberán inscribirse de forma individual a través do formulario habilitado na web do Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará