Hoxe é Martes 22 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo de inscrición para a III Carreira Contrarreloxo por Equipos

384443617_826011226194750_3228442218480310087_n

A proba organizada polo Club de Atletismo de Redondela e a Concellería de Deportes do Concello de Redondela  está enfocada para persoas nadas antes do 2010 e celebrarase o 21 de setembro ás 19:00 horas da tarde.

 As equipas deberán estar formadas por entre 4 e 6 compoñentes. No caso dos equipos mixtos, un mínimo de 2 compoñentes terán que pertencer ao xénero contrario. O percorrido terá unha distancia de 5 Km que comezará no centro da vila e rematará diante do Concello, onde estará situada a meta.

Dende a organización animan á xente a participar e desfrutar dun día de deporte que ademais coincide co XII aniversario do C.A.R. A inscrición inclúe os gastos de xestión e o prezo é de 6, 50 euros por participante ata o 8 de setembro. No caso de pasar esta data, a partir de aquí o prezo por participante é de 8,50 euros ata o 18 de setembro.

Para máis información está a disposición o coreo electrónico car.redondela@gmail.com e o número de teléfono 667 833 100.

Inscricións e regulamento:

https://www.ins.cronotec.es/web-evento/10295-iii-contrarreloj-por-equipos-concello-de-redondela?fbclid=IwY2xjawEXEPZleHRuA2FlbQIxMAABHZusMCayJmrXkWK3ul8OxmvOCiPNDHIpV6E0F4Wo8Xs9oQxRt45t1T7hmg_aem_7l80dAsHKAcNKirCK_rF2w

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará