Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

23 axentes da Policía Nacional comezan as prácticas na demarcación Vigo-Redondela

874423149_248149675_1706x960

A Porta do Sol de Vigo foi o lugar escollido para recibir oficialmente aos 117 axentes da escala básica (100) e inspectores (17) da Policía Nacional que se incorporarán en prácticas ás comisarías galegas coincidindo co 200 aniversario deste corpo policial. Son 90 homes e 26 mulleres quen realizará as súas prácticas en Galicia e total de 23 destes efectivos realizarán este período formativo na demarcación de Vigo-Redondela.

Segundo fontes da policía nacional, “os alumnos que veñen teñen que facer unha rotación  por todas as Brigadas, para ver a aplicación práctica do seu futuro traballo”. Van rotar nas dependencias da sede da Comisaría da rúa Álvaro Cunqueiro. Se ben, no período adxudicado a patrullar en vehículos policiais na Brigada Local de Seguridade Cidadá percorrerán toda a demarcación de Vigo e Redondela, “pois o servicio é comisionado dende a Sala CIMACC 091 de Vigo para toda a demarcación e os servicios o marca a demanda de cada zona”. Concretamente, no caso dos axentes da escala básica serán cinco meses e os inspectores dous. Acudirán a Redondela cando unha investigación o precise.

No acto estiveron presentes, entre outros, o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco; o alcalde de Vigo, Abel Caballero e a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas quen sinala a importancia da incorporación destas novos axentes en prácticas para a seguridade do municipio e apunta que “segundo explicou o delgado do Goberno no acto en Vigo, nunca houbo tantos axentes para esta demarcación na historia”.

“Mostro o meu agradecemento ao servizo destes axentes en prácticas”, Digna Rivas.

Tamén estiveron presentes o subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada; ou o comisario vigués, Ramiro Gómez. Tamén estiveron a subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, e a de Lugo, Isabel Rodríguez. Gardouse un minuto de silencio polos mariñeiros falecidos no naufraxio do “Argos Xeorxia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará