Hoxe é Mércores 23 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

AER fai balance do goberno local: “ O acordo asinado co PSOE é exasperante e a oposición asfixiante”

V22A3014

O goberno de coalición formado por POSE e AER cumpre un ano e a sensación da Agrupación de Electores é que o cumprimento do acordo non é unha prioridade para Digna Rivas. AER apoiou a investidura socialista a cambio dun documento que recolle 35 puntos correspondentes a diferentes ámbitos da política local, que maioritariamente dependen das áreas de goberno socialista e que, un ano despois, teñen un feble grao de cumprimento. A oposición tampoco axuda, aseguran que a acción conxunta de PP e BNG botaron abaixo a implantación das taxas das terrazas e os trámites para a construción dun Punto Limpo.

Posiblemente a medida máis ambiciosa do programa de AER, e que se incorporou ao acordo de goberno, sexa o programa de peonalizacións. Ata o de agora so se peonalizou a rúa Padre Sarmiento e aínda están á espera, por esta orde, a praza da Constitución-Telmo Bernárdez-Rúa Figueiral, o paseo de A Xunqueira e a rúa Ernestina Otero baixo o viaduto de Madrid.

Máis alá das polémicas sobre a aprobación extemporánea das contas de 2022 e 2023, alertan de que “neses dous exercicios, Redondela non foi quen de aforrar dos seus orzamentos nin un so euro para investir en novas infraestruturas”. Por non ter entregadas a tempos as contas, “tamén se teñen perdido diferentes subvencións, a resultante é que o Concello carece de recursos para acometer determinadas obras”.

No acordo de goberno, o PSOE tamén se comprometeu á construción dunha ponte de madeira que comunicaría o novo aparcamento en Vilavella co paseo do Maceiras e que din tamén está á espera de financiación.  Outros proxectos comprometidos pero para os que din “non hai cartos” son, por un lado, a reforma da praza Ribadavia para mellorar a mobilidade peonil e, por outro, a renovación de iluminación pública con tecnoloxía LED, tanto no rural como nos cascos urbanos.

 “O goberno de Redondela está en minoría e moitas veces non é quen de sacar adiante proxectos que requiren de acordo no Pleno”, engaden dende AER. O BNG apoiou a investidura de Rivas pero “os feitos demostran que non é un aliado fiable”. Xunto co PP ten votado en contra de asuntos que o goberno levou ao Pleno e que, polo tanto, non se poden executar.  Outro exemplo disto, é o rexeitamento que fixeron a utilizar a parcela municipal anexa ao cemiterio para a construción dun Punto Limpo, infraestrutura da que Redondela carece.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará