Hoxe é Venres 22 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A adaptación a orquestra do Pasodobre Redondela de Soutullo estréase nos “Concertos ás beiras do Miño”

Foto portada (Post de Facebook)

A Orquestra Clásica de Vigo ofrece cinco concertos “ás beiras do Miño” entre o 3 e o 12 de agosto en colaboración coa Deputación de Pontevedra.  Dentro da programación dedicarase dúas xornadas ao mestre Soutullo , cuxa obra “A lenda do bico” acaba de cumprir os 100 anos e onde poderase escoitar a estrea absoluta do Pasodobre Redondela.

Este ciclo de concertos busca ademais poñer en valor o patrimonio histórico da zona, xa que as actuacións terán lugar en espazos arquitectónicos e naturais de ambos territorios e reforzar “cunha oferta cultural de primeira, esta rexión transfronteiriza como un destino turístico en alza”, como asegurou a deputada provincial, que lembrou proxectos xa en marcha na rexión transfronteiriza como Visit Río Minho Plus.

As actuacións programadas dentro do ciclo “Concertos ás beiras do Miño” comezarán este fin de semana, co concerto o sábado, ás 22:00 horas (hora portuguesa) no Castelo de Melgaço, cun programa especial baseada na formación para ventos a través da obra de Antonín Dvorák e Johann Strauss, e o domingo, ás 20:00 horas, na Praza Centinela de Oia, cunha proposta para a súa sección de cordas con obras de Victor Herbert e Edvard Grieg, un programa que repetirán o mércores 7 de agosto, ás 21:00 horas na Praza do Castelo de Salvaterra de Miño.

As últimas dúas actuacións da Orquestra Clásica de Vigo terán lugar o día 10 de agosto, ás 22:00 horas (hora portuguesa) no Auditorio Municipal de Vilanova de Cerveira, cun programa dedicado ao mestre Soutullo, cuxa obra “A lenda do bico” acaba de cumprir os 100 anos. Será este mesmo concerto programa o que interpreten no último dos concertos, que se celebrará o 12 de agosto ás 21:00 horas no Auditorio de San Bieito da Guarda. Neste concerto queren poñer en valor a música que lle dedicou á súa terra, patria repartida entre Ponteareas, Redondela e Vigo, recuperando as obras que lle dedicou a estas localidades.

CONCERTOS ÁS BEIRAS DO MIÑO: SOUTULLO

10.08.2024 | 22:00 (PT) | AUDITÓRIO MUNICIPAL DE VILANOVA DE CERVEIRA

12.08.2024 | 21:00 | AUDITORIO DE SAN BIEITO, A GUARDA

Reveriano Soutullo (1880 – 1932)

► Otoñal, “Polka para piano e cordas”

► Suite Vigo, “Suite sobre cantos rexionais galegos”

I. Andante. Allegro moderato. Allegro giusto. Quasi presto. Andante

II. Lento moderato

III. Muiñeira. Allegro. Allegro mosso. Più stretto

► Redondela, “Pasodobre” (Estrea Absoluta)

► Puenteareas, “Pasodobre”

Dirixe: Manuel Martínez Álvarez-Nava, director da Orquestra de Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará