Hoxe é Sábado 23 de Novembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Policía Local intervén por un delito de lesións e outro contra a seguridade viaria

A Policía Local detivo o xoves a un veciño de Redondela por un delito de lesións e na madrugada do sábado interviñan nas estradas por un presunto delito contra a seguridade viaria.  

Unha patrulla da Policía Local de Redondela que se atopaba realizando tarefas de prevención nun dispositivo estático na Estrada a Pazos de Borbén arredor das 19:00 horas do xoves, daríalle o alto a un vehículo cuxo condutor presentaba signos evidentes de atoparse baixo a influencia do alcohol. 

O home de 42 anos e veciño de Redondela foi requirido para someterse ás probas e unha vez realizadas,  acadaría un resultado positivo de 1.06 e 1.05mg/l de aire espirado. Os axentes locais citárono para xuízo rápido e instruíron dilixencias ao xulgado de garda de Redondela.

Detido un veciño de Redondela por un delito de lesións

Os axentes da Policía Local de Redondela foron alertados na tarde do domingo sobre unha pelexa na que unha persoa “sangraba de xeito abundante”. Unha vez no lugar, os axentes locais puideron comprobar a veracidade dos feitos e solicitaron a presenza dunha ambulancia, quen confirmou que o varón presentaba varias lesións que precisaban do traslado ao hospital.

O agresor foi localizado posteriormente pola Policía Local e detido, sendo trasladado ao servizo de urxencias ao presentar tamén lesións e posteriormente a comisaría da Policía Nacional en Vigo.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará